Vértigo
danza vertical

En Vértigo de Hitchckok, se eliminamos a Scottie, quédanos ela, ou elas, as dúas personaxes que interpreta Kim Novak: Madeleine e Judi. E elas o enchen todo.
Scottie tan só é un narrador, unha inxenua testemuña da espesa arboreda feminina do filme, maduro bosque de sekoyas.
Na parede, no muro ou no precipicio, a compañía Pistacatro da man das Duelirium trata de evocar unha atmósfera dura, reptil, percorrer o trasunto que vai da unha á outra, que empeza na penumbra e remata no abismo.
As rutinas que se suceden no espectáculo parten dun entorno de investigación sen abandonar en ningún momento a vertiente espectacular das artes verticais.
Proposta artística de Pistacatro Productora de Soños.
Vértigo é a primeira peza de Danza Vertical en parede que se fai en Galicia e que propón outros escenarios onde poder levar o circo e as artes do movemento da man da compañia galega Pistacatro.

Idea orixinal: Belém Brandido e Diego Anido

Elenco: Raquel Oitavén e Mercè Solé

Dirección Artística: Diego Anido

Axudante Dirección e Movemento: Paula Quintas

Asistencia Rigging: Rubén Sacaferro

Iluminación: Laura Iturralde

Música: Nacho Muñoz

Vestuario: Pistacatro

Maquillaxe/Perruquería: Erea Pérez

Fotografia: Rubén Vilanova.

Diseño Gráfico: Juan Gallego

Vídeo: Tamboura

Producción e Distribución: Belém Brandido-Pistacatro Productora de Soños

Agradecementos moi mói mói especiais á colaboración estreita con Arturo Cobas Lema, Clotilde Vaello e Galicia Danza Contemporánea