Sapiens Sapiens
Este espectáculo é una historia dramática contada cos recursos cómicos do clown, o teatro físico e a proxección audiovisual. A Corporación Pérrins mostra ante a comunidade científica internacional o seu descubrimento do novo paso evolutivo : o Homo Sapiens Sapiens Sapiens. O experimento consiste en inocular a cobaias humanas con ADN “enriquecido” para demostrar os cambios xenéticos que aporta o novo ser humano, pero unha cobaia rompe a súas estadísticas, e os doutores tratarán de demostrar por tódolos medios as súas delirantes hipóteses. Unha brincadeira cos filmes de ciencia-ficción, no que o humor e a mistura de linguaxes escénicas converxen para contar unha historia sobre cobaias humanas. Descargar dossier Intérpretes: Antón Coucheiro e Borja Fernñandez Dirección de actores: Evaristo Calvo Dramaturxia: José Díaz Movemento Escénico: Uxia P. Vaello Espazo Sonoro: Xabier Mera Escenografía, atrezzo e deseño gráfico: ISsaac Piñeiro Construcción Escenográfica: David del Rey “Fino” Audiovisual: Gael Herrera - Oroboro Films Vestiario: Clotilde Vaello Caracterización: María Illobre Diseño de iluminación: Fidel Vázquez Producido por: Pistacatro Productora de Soños Apoios: Agadic, Circonove, Sala Nasa, Pistacinco, Teatro de Vila Real, Teatro Acert.