Ringo Rango
Unha creación da compañía Pistacatro do ano 2008 dirixida por Marcos Orsi e Rolando San Martín. Algunha vez quixeches ser astronauta? Piloto de formula 1? Estrela do rock? Xogar na NBA? Se contestas afirmativamente a calquera destas preguntas estás listo para ver o show que seguramente non cambiará a túa vida pero no que Ringo Rango demostra que se pode ser todo iso e máis durante unha hora de sketchs feitos con guitarra, batería, acordeón, ritmos con balóns de baloncesto, pelotas de rebote, acrobacia, deportes,... Circo, música e humor nun cóctel impensable de tres amigos con personalidades opostas unidos para mostrar a bondade e saúde de ser un mesmo. ADVERTENCIA: Este show non é un medicamento Lea atentamente o folleto de man Non consulte as críticas para vir a vernos É un consello da Asociación de Patafísicos Ringo Rango Productions Descargar dossier Dirección: Marcos Orsi e Rolando San Martín Dramaturxia: Ringorrango, Marcos Orsi e Rolando San Martín Elenco: Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Xabier Mera Adestramento rítmico: Xurxo Troncoso Escenografía e atrezzo: Ringorrango, Marcos Orsi e Rolando San Martín Vestiario: Cloti Vaello Deseño de iluminación: Alfonso Castro Música orixinal: Aitor Garuz, Pablo Reboleiro e Xabier Mera Imaxe gráfica: Alberto Guitián