Vértigo danza vertical
En Vértigo de Hitchckok, se eliminamos a Scottie, quédanos ela, ou elas, as dúas personaxes que interpreta Kim Novak: Madeleine e Judi. E elas o enchen todo. Scottie tan só é un narrador, unha inxenua testemuña da espesa arboreda feminina do filme, maduro bosque de sekoyas. Na parede, no muro ou no precipicio, a compañía Pistacatro da man das Duelirium trata de evocar unha atmósfera dura, reptil, percorrer o trasunto que vai da unha á outra, que empeza na penumbra e remata no abismo. As rutinas que se suceden no espectáculo parten dun entorno de investigación sen abandonar en ningún momento a vertiente espectacular das artes verticais. Proposta artística de Pistacatro Productora de Soños. Vértigo é a primeira peza de Danza Vertical en parede que se fai en Galicia e que propón outros escenarios onde poder levar o circo e as artes do movemento da man da compañia galega Pistacatro. Idea orixinal: Belém Brandido e Diego Anido Elenco: Raquel Oitavén e Mercè Solé Dirección Artística: Diego Anido Axudante Dirección e Movemento: Paula Quintas Deseño Aéreo: Cia. Duelirium Vestiario: Belém Brandido e Vaello Asistencia Rigging: Rubén Sacaferro Iluminación: Laura Iturralde Música: Nacho Muñoz Maquillaxe/Perruquería: Erea Pérez Fotografia: Rubén Vilanova. Diseño Gráfico: Juan Gallego Vídeo: Tamboura Producción e Distribución: Belém Brandido-Pistacatro Productora de Soños Agradecementos moi mói mói especiais á colaboración estreita con Arturo Cobas Lema, Clotilde Vaello e Galicia Danza Contemporánea