Outono
Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego da o seu mortal máis arriscado: Outono, un novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior. Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións. Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor. Descargar dossier Galego Descargar dossier Castellano Intérpretes: Aitor Garuz, Manu Lago, Natalia Outeiro "Pajarito" e Pablo Reboleiro Dirección: Antón Coucheiro Produción: Belém Brandido, José Expósito Escenografia: Uxia Vaello (Deseño de carpa/Realización Pequeno Atrezzo) Vestuario: Uxia Vaello Música: Xabier Mera Iluminación: Javier Quintana Son: Javier Piñeiro Canción "Idiota": José Díaz Apoyo Dramaturgia: Marcos Carballido Maquillaxe: Trini F. Silva Axudante Maquillaxe: Irene Maneiro Paz Sastra: María Villas con Maravillas Atelier Deseño Imaxe: Juan Gallego Foto promocional: Afonso G. Sestelo Fotos espectáculo: Lara Bacelos Vídeo: Tamboura Films Comunicación: Pistacatro Productora de Soños S.L. Distribución: Pistacatro Productora de Soños S.L.