Mezzo: O fantástico circo de Insectos Xigantes do Doutor Mezzo
Espectáculo de circo itinerante musical Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do século XIX, descobre unha illa no Océano Pacífico que alberga extranas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á gran extinción. Ó seu regreso a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunha destas criaturas nunha feira ambulante na que se deu en chamarlle como O Fantástico Circo de Insectos Xigantes do Doutor Mezzo. Mezzo é un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasia, co que Pistacatro quere recuperar por un lado o espíritu de aventura das novelas de Julio Verne e, por outro, a estética visual dos circos ambulantes de finais do século XIX e principios do XX. Elenco: Arturo Cobas, Aitor Garuz, Raquel Oitavén, Mónica Paradela, Paula Quintas, Álvaro Reboredo, Kote Rodríguez, Beatriz Rubio Idea Orixinal: Pistacatro Dirección Artística: Antón Coucheiro Producción: Belém Brandido, José Expósito Vestiario e Escenografia: Carlos Alonso Axudante de Dirección: Clara Gayo Asistencia Vestiario: Juancho Gianzo Asistencia Escenografia: Rafael Barreiro Construcción Escenografia: Escenoset Maquillaxe: Maria Illobre Músicas: Marcos Carballido/Kote Rodríguez Coreografias: Marta Alonso Deseño Cartaz: Juan Gallego Fotografia: Tamara de la Fuente e R. Yoshimura Vídeo: Tamboura Films Descargar dossier