Arnoia Arnoia: O Circo da Casa Pequena
O Circo da Casa Pequena presenta a historia dunha rapariga, Nmógadah, que se ve abandonada no medio dunha guerra, sen mais compañía que as bombas e o asubío das balas. A protagonista foxe da morte e bótase a un camiño no que non poderá distinguir os inimigos dos amigos. Unha odisea na que Nmógadah atravesará sinistras grutas e vertixinosas montañas, florestas musicais e mares tenebrosos, o pesado sofrimento da cadea e a levisima ensoñación da liberdade. Nesta aventura vai axudada polo Mestre Lionel e unhas criaturas prodixiosas que desafían a lei da gravidade: os artistas do circo. Acompañémola neste arriscado camiño de regreso á república de Arnoia! ¿Existirá realmente Arnoia, ou será un deses paises soñados que desaparecen ao pasar a adolescencia? Pistacatro presenta o seu último espectáculo do ano 2018 en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) Arnoia Arnoia: o Circo da Casa Pequena. Un espectáculo de teatro-circo que dirixe Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario deste autor galego inigualable. Elenco: Ánxela Blanco, Aitor Garuz, Pablo Reboleiro, Álvaro Reboredo, Beatriz Rubio Direción: Quico Cadaval Autor: Xosé Luis Méndez Ferrín Produción e Distribución: Belém Brandido-Pistacatro Escenografia/Iluminación: Baltasar Patiño Vestiario: Carlos Alonso Axudante de Dirección: Marcos Ptt. Carballido/Clara Gayo Edición músicas e ambientes: Xurxo Pinheiro Selección Musical: Marcos Ptt. Carballido Asesoramento rigging: Marcé Solé Asesoramento Vocal: Faia Díaz Maquillaxe: Fany Bello Deseño imaxe: Juan Gallego Foto: Rubén Vilanova Vídeo: Tamboura Coa colaboración especial de María Bouzas. Agradecemento especial ós técnicos do CDG e a Germán Díaz.