Trasno
Podes soñar coa maxia, a emoción e a tenrura que che transmite un espectáculo cheo de diferentes combinacións circenses creadas polo artista Pablo Trasno. Capaz de facerte sorrir coas súas fazañas cómicas aparentemente improvisadas, capaz de facerte vibrar cos seus malabarismos traballados cunha técnica coidada, capaz de facerte voar cos seus números acrobáticos creados co esforzo dun adestramento físico constante e emocionarte ó remate do espectáculo polo humilde agradecemento sempre presente neste artista co seu público. Pablo Trasno é un dos maiores referentes do Novo Circo Galego e un dos seus artistas máis completos e aclamados. Con máis de mil funcións nas súas costas e experiencias en escenarios de España, Portugal, Reino Unido, Costa Rica, México, India, Brasil, Australia, Irán, Cuba, Rusa, India, Francia, Bélxica e un longo etcétera. Técnicas Circenses: Novo Circo, malabares, acrobacias, equilibrios, clown Artista en escena: Pablo Reboleiro Duración: 50 minutos Para tódolos públicos Descargar dossier