Mr. Lupo
¿Cómo sería a vida se fose eterna? ¿é a morte o motor que nos fai vivir? Se queredes saber a resposta a estas preguntas, o sentimos, Mr. Lupo non as ten, pero o que Si ten é unha habilidade indiscutible para vivir a vida xogándosea a cada intre. Durante os 50 minutos que dura o espectáculo Mr. Lupo poñerá a súa vida ó filo do abismo, lanzando obxectos puntiagudos, facendo equilibrios imposibles, domando un elefante ou facendo saltos mortais polo aire. Todo esto, por suposto, con grandes doses de humor, porque ¿qué é a vida sen risa? O sentimos, Mr. Lupo tampouco contestará a esta pregunta, pero intentará que ninguén pase por ella sen unhas boas gargalladas. Técnicas de Circo: Malabares-Acrobacia-Clown Duración: 50 minutos Descargar dossier