Monitoleando

Moni Mundana, unha Aventura de Circo e Humor.

Moni Mundana é unha exploradora moi despistada na procura dun tesouro, o que lle fará percorrer medio planeta nunha divertida aventura para toda a familia, chea de emoción, humor e circo. Unha viaxe inesquecible desta exploradora curiosa, tenra e divertida, que nos ensinará que viaxar non é só cambiar de lugar, tamén serve para converternos en mellores persoas.

Moni Mundana quere achegar a espectacularidade do circo ás rúas, nun espectáculo para todas as idades que mistura o clown, a acrobacia aérea, os números de lume, os malabares, a percusión, a danza africana e a participación directa do público.

A través dunha linguaxe visual e sen palabras, descubriremos que non somos tan distintos os uns dos outros.

Técnicas Circenses: Aéreos-clown-lume

Duración: 45 minutos