Lila Star
Esta artista branca con alma de negra, criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico, apaixoada da purpurina e obsesiva pola cor morada; que se confesa adicta ás berenxenas e que forma parte do club de fans de Deep Purple, Violeta Parra e, casi casi, de Pink Floyd (!ay! se puxesen un pouco de blues nese pink … ) leva á escena un especta-culazo con mooooooooitooooo flow, onde os equilibrios imposibles sobre obxectos se fan posibles a ritmo de temazos que non poderás deixar de bailar!!!! Lila Star Yeah! Artista en Escena: Beatriz Rubio Técnicas de Circo: Acrobacia, equilibrio de mans, rola-bola, clown Duración: 45 minutos Para tódolos públicos Descargar dossier