Jano sen medidas
Xogar coma un neno atrapado nos medos dun adulto. Mesturar a destreza dos malabares, a forza das acrobacias e o desenfrenado inxenio coa participación do público. Celebrar un gol, saltar á corda, percorrer unha distancia sobre as mans, soñar vendo as estrelas, imitar un bailer ridículo, argallar unha broma ou crer na maxia. Humor orixinal, participativo e arriscadamente divertido. Intérprete: Jano Costas Técnicas Circenses: Clown Duración: Show 50´. Pódense facer bloques de 10´ Fotos: R. Yosihmura Para tódolos públicos Descargar dossier