Bicirco

The Freak Cabaret Circus.

Un Circo que viaxa sobre tres rodas. Un Biciclo do século pasado transformado nun espectáculo ambulante. Un circo sostible, que non emite gases nin polución, alternativo, funcional, autopropulsado e ben equilibrado.

Dimitri Cavalli é unha excéntrica personaxe, de múltiples personalidades. O longo do espectáculo, este mestre de cerimonias amósanos as súas incribles habilidades circenses con números de: Malabarismo, equilibrios imposibles, maxia mental, manipulación de sombreiros, exhibicións de forza e destreza… moita destreza…

Técnicas Circenses: Malabares-Acrobacia-Equilibrios

Descargar dossier