Up2Down

Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un paiaso.

“Up2Down” é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo.

As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dúas personaxes definidas polo seu estatus antagónico: O alto e o baixo; a funambulista -etérea e ideal-, e a paiasa -terrenal e mundana-. Xunto a elas, o público percorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións ata acadar un punto de encontro: o equilibrio.

Intérpretes: Marta Alonso & Paula Quintas

Disciplinas: Circo (Funambulismo)- Danza

Duración: 55 minutos Sala-45 minutos rúa

Público Familiar

Show para rúa e para sala

Descargar dossier