Ekilibuá
Premio “Estación Norte” ó mellor espectáculo, festival internacional teatro de calle Valladolid 2016. Premio do público, feria de teatro de Castilla y León, Ciudad Rodrigo 2014. Dúas personaxes e o seu pequeno rebaño rodante … A xogar! Xogos de construcción de plataformas diferentes, xogamos a ver quén sube máis alto, ata que non se poida máis… xogo arriscado! Sempre xogando a ver quén leva as rendas pero sobre todo, sempre xogando man a man. Ekilibuá é un espectáculo para tódolos públicos, que fusiona a teatralidade cos portés acrobáticos, o lanzamento de coitelos, os equilibrios, a manipulación de obxectos e moita complicidade. Intérpretes: Marcos Rivas e Morgane Jaudou Técnicas: Circo-Man a Man (Portés acróbaticos), manipulación de obxectos, lanzamento de coitelos e equilibrios Duración: 50 minutos Para tódolos públicos Descargar dossier Compañía Maintomano