Alma (non é hippie)
Colectivo Verticalia. Compañías: Duelirium + trasPediante. Catro mulleres crean na escena unha linguaxe segreda na que resgardar o misterioso silenzo que anima ó corazón da existencia. Unha linguaxe que resiste no que aínda non se pode nomear. A simple imaxe dunha corda de danza vertical que colga do ceo dun teatro evoca aquelo que nos sostén entre a vida e a morte. ALMA pregúntase que é o que pode ser danzado hoxe na escena, como interrumpir as danzas que emerxen do virtuosismo especializado e da produción selfie e espectacular. A L M A non cre na reencarnación, pensa que non fai falta ser tan Hippie. A L M A di que sen os demáis, sen o outro, calquera deixaría de existir. A L M A non se cre espiritual, senon que se sinte así porque inspira e expira, inspira e expira. A L M A di que a A L M A non é unha realidade sensible e, por tanto, non pode ser estudiada pola ciencia. Teno claro. A L M A sabe que a danza é abstracta, por iso, sempre que hai un oco entre movemento e movemento se mete dentro, baila sen control, deixa sair a loucura, exponse sen medo á mirada de todos. Di que se non se fai así se perderá para sempre o lume que habitan as cousas. A L M A é un proxecto de Danza e Voo vertical que comenza a súa investigación adentrándose na poética que se pode xenerar ao estudar e comprender a fisicalidade dun obxecto aparentemente moi sinxelo: Unha corda que colga do ceo dun teatro. Espectáculo de Danza Vertical para Sala. Público a partir de 9 anos. Dirección e Dramaturxia: Rolando San Martín Interpretación e Creación: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas, Mercé Solé. Descargar dossier Galego Descargar dossier Castellano Descargar dossier Inglés