4 Segundos

Premio Fetega mellor espectáculo de rúa 2019 na mostra do Carballiño.

Compania IO.

4 Segundos foi o tempo que tardaron eses ferros en caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se convertiron en minutos. Uns segundos, que neste caso, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo desapareceu e o instinto presentoume o meu outro “eu”, un corpo áxil e resolutivo.

Esta peza fala de accidentes, de risco, de vida e de autocoñecemento. 4 Segundos lémbranos o animal que todos levamos dentro, ese animal que en ocasións pode chegar a salvarnos a vida.

Espectáculo de circo contemporáneo. Verticais, equilibrios e corda mesturados coa danza e o movemento e acompañados en directo por un dj que está integrado na escena.

Descargar dossier

Web