A Compañía
Pistacatro é a compañia e a productora de circo máis relevante das Artes Vivas en Galicia. Distribue as súas propias produccións ou algunhas outras que nacen da matriz creativa do proxecto Circonove, así como aquelas que consideramos importantes baixo criterios de calidade e interese cultural. Logo de máis de 15 anos dende a súa constitución oficial, no ano 2006, Pistacatro pretende continuar asentándose como a productora decana das novas correntes circenses en Galicia, abrindo novos mercados e públicos. Un facilitador de profesionalización do circo na nosa terra baixo criterios de calidade e interese cultural, respeitando os dereitos dos traballadores e artistas que, dalgún xeito, participan no noso proxecto. Queremos ser un catalizador que permita a comunicación con outras persoas e proxectos para xerar cultura en coprodución ou en colaboración manténdonos fieis á nosa complicidade co público. Un mecano nas mans dos seus integrantes para compartir soños.
Artista de Circo de Pistacatro e Desenvolvemento de proxectos. Formado na Circus Space de Londres e na Escola de Circo Carampa (Madrid) é un artista de circo, actor, músico e con formación tamén de danza. Recén licenciado en Inglaterra entrou a formar parte da compañía galesa Nofit State, como actor-músico-malabarista no espectáculo Inmortal, que xirou por toda Europa e que recibiu varios premios en diferentes festivais de Europa, entre eles, o de Tárrega. Dende a súa aterraxe en Galicia entra a formar parte da compañía Pistacatro, primeiro como artista e logo xa como socio, participando en case tódalas montaxes da productora así coma noutras montaxes doutras compañías coma Roces y Goces, da compañía Teatro do Morcego e algunha Ultranoite do grupo Chévere. Tamén forma parte dende hai 4 anos do grupo de Teatro de Improvisación de Santiago, na compañía The Momento Impro.
Co-fundandor de a compañía. Manu Lago é malabarista, clown e con coñecementos musicais. Licenciado en Circo pola escola Circus Space de Londres. Formado en teatro pola escola Espacio Aberto, ten na súa mochila de formación artística numerosos cursos de clown, teatro e circo con Alex Navarro, Eric de Bont, Mick Barnfather, Sean Gandini ou Luke Wilson. Fundou a compañía Malabaranda para logo xa ser tamén un dos socios fundadores de Pistacatro. Artista que leva actuado en festivais por España, Portugal, Gran Bretaña, Francia ou Holanda.
Co-fundandor de a compañía, actor, director e desenvolvemento de proxectos. Pablo Reboleiro é un artista multidisciplinar galego, creador e director escénico e director artístico da compañía. Formado en circo en The Circus Space, en teatro en Espazo Aberto e en danza en numerosos cursos en todo o mundo. Xira polo mundo cos seus espectáculos cunha mistura de circo, danza e teatro sempre dende a base cómica e humana do paiaso. Malabares con mazas, bolas, antorchas, diábolos, contact, acrobacias de chan, acrobalance, minitramp, báscula, verticais, roda Cyr, rolo, danza contemporánea, claqué, guitarra, ukelele, flauta travesera, acordeón...
Producción/Distribución e Xestión de Proxectos e Comunicación. Galega, Licenciada en Xornalismo e Comunicación Audiovisual pola USC, traballa como freelance nas artes escénicas (circo e teatro) e na industria do cine dende hai case 20 anos. A súa vinculación ó mundo do circo ven xa das primeiras Festas do Circo na Sala Nasa (Santiago de Compostela) dende o ano 2000. A partir de ahí comeza a colaborar activamente co colectivo de artistas circenses da cidade, que logo no 2005 formarían Pistacatro. Dende o ano 2006 comeza a traballar en diferentes produccións da compañía para logo formar parte da súa sociedade.
Administrador e Xerente e xestor de proxectos na compañía. Licenciado en Bioloxía pola USC, estudiou tamén o Curso Superior de Xestión de Organizacións e Empresas Culturais co Grupo Xabide en Vitoria-Gasteiz. Foi tamén fundador da sociedade LILITH Acción Social e Educativa S.L. onde traballou proxectos sociais desde a perspectiva de xénero. É membro da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural.