Encontros

Comedia e virtuosismo físico que xorde do encontro casual de dúas persoas: tócanse, úlense, séntense e comezan o seu camiñar xuntos. As habilidades físicas e interpretativas dos actores son o lenzo narrativo.

As emocións debuxan unha historia polas relacións humanas expoñendo dende a bondade máis verdadeira ata a maldade máis extrema. Disciplinas: Danza, acrobacia, equilibrios, manipulación de obxectos e xogos malabares.

Cia. Lusco e Fusco. O dúo Lusco e Fusco xorde da unión de dous dos artistas máis carismáticos do panorama do novo circo e teatro físico galego: Alfredo Pérez "Circanelo" e Pablo Reboleiro "Trasno".

Os dous teñen formación en Circo, Teatro físico e Danza, e una experiencia laboral moi similiar, basexada en espectáculos de rúa unipersonais con contacto e comunicación directa co público e shows de teatro con personaxes que xorden da fisicalidade do corpo. Show de Rúa e de Interior. Para tódolos públicos.

Elenco: Pablo Reboleiro, Alfredo Pérez "Fredy"

Direción Artística: Cia. Lusco e Fusco e Pablo Sánchez

Coreografias: David Loira e Alexis Fernández

Iluminación: Alfonso Castro

Espazo Sonoro: Fran Pérez "Narf"

Vestiario: Clotilde Vaello

Descargar dossier