Desperta!

Desperta! é un espectáculo de novo circo que afonda na identidade individual, no que nos iguala e no que nos diferencia, no que transcurre na intimidade dun baño cando ninguén mira.

Unha historia cotiá do universo fantástico de persoas que poderíamos ser calquera de nós. ¿Onde somos máis idénticos e cando máis distintos? ¿Realmente despertamos ou somos a continuación dos nosos soños?

As habilidades circenses, a comicidade e a música en directo van da man en Desperta!, onde a técnica ponse ó servicio das emocións e onde a poética das imaxes farannos viaxar por un mundo imaxinario e moi real.

Elenco: Aitor Garuz, Ariñe Azkúe, Manu Lago, Óscar Páez

Dirección: Natalia Outeiro "Pajarito"

Axudante de Dirección: Antón Coucheiro

Música Orixinal: Fran Pérez "Narf"

Vestiario: Carlos Alonso

Escenografia: David del Rey "Fino"

Iluminación: Fidel Vázquez

Ilustración: Alberto Guitián

Fotografia: Francisco Arnoso "Pixi"

Vídeo: Oroboro Films

Producción: Belém Brandido, José Expósito, Rober Cereijo

Descargar dossier