Danza
Baila un vestido verde
Nome da compañía: Cia. Traspediante
Nome do espectáculo: Baila un Vestido Verde (Danza Divertida). Show de DANZA
Duración: 50 minutos
Público ó que vai dirixido: Público infantil
Procedencia: Ourense
Sinopse: Baila un vestido verde é un espectáculo de danza interactivo que xoga e convida a xogar ó espectador. O corpo, a danza e o xesto son os códigos que se manexan para establecer undiálogo constante co público. O vestido verde é o punto de encontro inicial que marca a interacción entre os presentes.
“Baila un vestido verde” é un espectáculo de danza simpática para público familiar.
VÉRTIGO DANZA VERTICAL
Vértigo, novo espectáculo de Danza Vertical.
Coproduce Mit Ribadavia. Estrea 23 e 24 de Xullo. Ribadavia.
Sinopse: “Cando ollamos a outra persoa, dentro dos seus ollos, vemos o abismo. Esa é a verdadeira espiral que nos arrastra cara o seu interior” Slavo Zizek
Vértigo é unha peza de Danza Vertical en parede que mestura movemento, técnica aérea e a arquitectura e que continua o labor de investigación no eido do campo aéreo das artistas Raquel Oitavén e Mercè Solé da man da productora Belém Brandido e da dirección artística de Diego Anido.
Esta peza continúa e abre unha segunda fase de traballo e de investigación en Galicia sobre as capacidades da danza aérea xa iniciada hai 2 anos a través do Colectivo Verticalia coa peza Alma (non é hippie) por estas mismas artistas e productora.
Utilizando como pretexto o Vértigo (a vertixe) que producen as alturas e facendo un guiño cinematográfico ó gran cineasta Alfred Hitchcock, plantéase a primeira peza de Danza Vertical de Parede en formato de espectáculo escénico feita na nosa terra e por artistas da nosa terra.
Estrea prevista no marco da Mit de Ribadavia 2021. Coprodución Mit Ribadavia
Días 23-24 de Xullo
Set
Danza contemporánea + música electrónica para rúa e espazos non convencionais
(Peza seleccionada no Catálogo de Danza Escena 2021)
SET é unha peza multisiciplinar onde a danza contemporánea e a música en directo xogan nun espazo compartido.
Novos comportamentos e cinética social onde a protección é invisible como mediador da distancia social.
A través da tecnoloxía e os límites sociais SET propón un xogo interactivo sen contacto.
#Playing experience
#Playinglimits
Dirección: Rut Balbís
Creación: Rut Balbís e Paula Quintas
Interpretación: Paula Quintas e Nacho Muñoz
Música orixinal e músico en escena: Nacho Muñoz (Parkour Sonoro)
Vestiario: Fany Bello
Distribución: Pistacatro Productora de Soños (Galicia + Portugal)
Colaboran en produción: Centro Sociocultural Almáciga · Concello de Santiago de Compostela e NORMAL · Universidade de A Coruña
Axuda a xira: Agadic – Xunta de Galicia
Duración: 40 minutos
Plastic
O corpo como contedor: Plastic
Como se dunha barbie se tratara que co seu corpo de plástico perdura ao longo do tempo, baleira por dentro, hermética ao exterior. Reflexo da importancia que a sociedade actual moderna lle da ao de fóra e non ao de dentro.
O plástico tamén pode ser un espazo para gardar, conservar, un espazo onde o contido ten cabida. Así, o corpo recolle no seu interior as experiencias e as emocións que nos definen. Ocultámonos nun corpo transformando a demanda do momento social que nos toca vivir. Un corpo onde se almacenan, gardan e esquecen os momentos vitais, un contedor que modela e transforma o seu físico para non transparentar o contido-emocións que o enche.
“Partindo do corpo, coma se dunha Barbie se tratara, ese plástico como contedor que perdura ao longo do tempo, inmobilidade corporal desde o baleirado”.
Intérprete: Paula Quintas
Idea orixinal: Paula Quintas
Dirección artística e coreografia: Rut Balbís
Iluminación e escenografia: Afonso Castro
Vestiario: Fani Bello
Produción e Distribución: Belém Brandido/Manu Lago
Fotografia: Miramemira, Íñigo Rodrigo Román, Fotográfica Oviedo
Unha produción da compañia Traspediante
Colaboran: Pistacatro, Galicia Danza Contemporánea, Centro Coreográfico Galego, Concello de A Estrada, Concello de Negreira, Auditorio Municipal de Ourense
Analepsis
Paula Quintas/Traspediante con Pistacatro
Espectáculo de Danza/Circo
Para tódolos públicos
Duración: 20 minutos
Sinopse: Escena Retrospectiva, ANALEPSIS prantexa a historia conectando momentos distintos e trasladando a acción ao pasado.
Obxecto corporal bi-relacional
Intérprete: Paula Quintas
Idea Orixinal: Paula Quintas
Axudante de Dirección Victoria P. Miranda
Axudante de Producción: Pistacatro Productora de Soños S.L.
Vestiario: Paula Quintas
Música: Alba Noto e Olafur Arnalds
Fotografia: Pablo Vargas Unfried, Miguel Gómez, Francisco Ares e Cristian Rodríguez
Vídeo: Manu Lago
Agradecementos: Sólodos En Danza
Peza estreada en Solodos En Danza, Costa Rica 2017.
Estreada en España no Festival Internacional de Cádiz en Danza, 2017.