D10!
II Edicion do D10!. Encontro de Formación e Innovación no Circo.
Pistacatro Productora de Soños S.L. presenta a que xa é a II Edición do Foro D10!. Un espazo que se concibe netamente coma un proxecto centrado na produción de coñecemento sobre o Circo e do que esperamos sexa unha plataforma destinada á mellora e innovación do noso sector en Galicia e en conexión con outras partes do mundo.
O encontro terá lugar entre o 1 e o 6 de decembro e este ano contaremos con 2 Obradoiros:
– Pedagoxia da Acrobacia. Impartido por Alberto Feliciate. Curso de Formación de formadores en acrobacia e para profesionais de Circo e outras disciplinas. Do 1 ó 3 de decembro.
– “Na corda frouxa. Fundamentos de teatro aplicados aos espectáculos de Circo”, que organiza Pistacatro en colaboración co Centro Dramático Galego. Está impartido por Emilio Goyanes e será do 4 ó 6 de decembro.
* Tamén contaremos para a apertura desta II Edición coa actuación de Miguel Gijosos e o seu espectáculo MÖBIUS. O 1 de decembro no Salón Teatro ás 20.30 horas.
Bulide todas e todos os que queirades participar na nosa II Edición do D10!. Máis información en redes e no noso mail info@pistacatro.com
D10! Está financiado mediante subvención polo Ministerio de Educación e Cultura e ten a Colaboración do Centro Dramático Galego e Axencia Galega das Industrias Culturais e o Hotel Costa Vella de Santiago de Compostela.
Enlace a formulario de inscripción: https://goo.gl/forms/GSoprtuJFDZZhMeg2
Más información en: info@pistacatro.com
D10!. I Edición. Encontro de Formación e Innovación no Circo.
Pistacatro cumple de Dez anos e queremos celebralo co proxecto D10! Un proxecto netamente centrado na producción de coñecemento sobre o circo e que esperamos sexa unha plataforma destinada á mellora e innovación do noso sector en Galicia en conexión con outras partes do mundo. Queremos, polo tanto, pasar o noso aniversario non enriba do escenario, senon, propiciando o apontalamento colectivo do Circo en Galicia nos diversos laboratorios prantexados. O proxecto D10! está financiado mediante subvención polo Ministerio de Educación e Cultura e ten a Colaboración do Centro Dramático Galego e Axencia Galega das Industrias Culturais.
O programa consta das seguintes actividades:
Dia 22 e 23 de Novembro: Retos Improbables para o Circo en Galicia. Workshop impartido por Roberto Gómez de la Iglesia de C2+I. É un obradoiro destinado á incorporación da innovación nas organizacións. A este laboratorio están invitados os membros de Pistacatro, Circonove e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia. Duración 16 h.
Dia 26 e 27: Dirección de Circo con Theodor Roman. Este laboratorio está destinado a mellorar a capacitación dos profesionais adicados á dirección de espectáculos circenses.
As inscripcións serán aceptadas por rigorosa orde de pago na conta: ES94 2100 4333 1002 0004 4647 indicando o concepto “Curso Dirección”
Prazas:15. Prezo: 20 €. Duración 16 h.
Dias 28 e 29: Xuntanza de traballo das asociacións estatais de profesionais de circo. Participan: Asociación Profesional de Circo de Cataluña, Asociación de Profesionais de Circo de Andalucia, Asociación de Profesionais do Circo de Valencia e Asociación de Circo de Andalucia e a Asociación de Profesionais do Circo de Galicia.