Pequeno Formato

Antúan de la Cream

Antúan de la Cream

Este paiaso pasará por varias emocións ao longo do seu espectáculo, desde a serenidade absoluta ata o máis puro nerviosismo. Iso si, case nunca, repito, case nunca … perde o control. A naturalidade do personaxe fai que conecte rápidamente co espectador e como bo amante da improvisación encántalle verse en problemas, conseguindo facer destes os momentos triunfantes da velada.
Intérprete: Antonio Delgado Pérez
Técnicas Circenses: Clown e malabares
Duración: 50 minutos
Para tódolos públicos

 
Video
 

antuan

SÓLO GUILLERMO SÓLO

SÓLO GUILLERMO SÓLO

Ano 2009. ¨Guillermo Solo¨ vai presentar o seu espectáculo de malabares e clown no famoso Hotel Bellagio en Las Vegas, pero a crise faise notar e cancélase o seu debut. O espectáculo vaise facer agora sen as comodidades dun teatro, na rúa, e precisará entón da colaboración do público para facer o número final de lume e devolver esperanza por medio do humor a este mundo en crise
Intérprete: Guillermo Porta Gómez
Técnicas Circenses: Malabares e clown
Duración: 50 minutos
Para tódo los públicos

 
Video
 

guillermo-solo

Cirkote

Cirkote

Un dos referentes máis veteranos do circo e do teatro de rúa en Galicia, inspirador de moitos novos valores e que segue a facer rir todo tipo de públicos combinando circo clown e malabares cun humor humano, humilde e veciño a xente que fai del un clásico no oficio.

O show onde Kote condensa o seu saber de pallaso, destilado tras moitos anos percorrendo toda Galicia.

Unha aposta segura de entretimento familiar!

CIRKOTE

Lila Star

Lila Star

Esta artista branca con alma de negra, criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico, apaixoada da purpurina e obsesiva pola cor morada; que se confesa adicta ás berenxenas e que forma parte do club de fans de Deep Purple, Violeta Parra e, casi casi, de Pink Floyd (!ay! se puxesen un pouco de blues nese pink … ) leva á escena un especta-culazo con mooooooooitooooo flow, onde os equilibrios imposibles sobre obxectos se fan posibles a ritmo de temazos que non poderás deixar de bailar!!!!
Lila Star Yeah!

Artista en Escena: Beatriz Rubio
Técnicas de Circo: Acrobacia, equilibrio de mans, rola-bola, clown
Duración: 45 minutos
Para tódolos públicos

 

Descargar dossier

MR. LUPO

MR. LUPO

Malabares-Acrobacia-Clown

¿Cómo sería a vida se fose eterna? ¿é a morte o motor que nos fai vivir? Se queredes saber a resposta a estas preguntas, o sentimos, Mr. Lupo non as ten, pero o que SI ten é unha habilidade indiscutible para vivir a vida xogándosea a cada intre. Durante os 50 minutos que dura o espectáculo MR. Lupo poñerá a súa vida ó filo do abismo, lanzando obxectos puntiagudos, facendo equilibrios imposibles, domando un elefante ou facendo saltos mortais polo aire.

Todo esto, por suposto, con grandes doses de humor, porque ¿qué é a vida sen risa? O sentimos, Mr. Lupo tampouco contestará a esta pregunta, pero intentará que ninguén pase por ella sen unhas boas gargalladas.

 

Descargar dossier

lupo

BICIRCO. The Freak Cabaret Circus

BICIRCO. The Freak Cabaret Circus.

Malabares-Acrobacia-Equilibrios

Un Circo que viaxa sobre tres rodas. Un Biciclo do século pasado transformado nun espectáculo ambulante. Un circo sostible, que non emite gases nin polución, alternativo, funcional, autopropulsado e ben equilibrado. Dimitri Cavalli é unha excéntrica personaxe, de múltiples personalidades. O longo do espectáculo, este mestre de cerimonias amósanos as súas incribles habilidades circenses con números de: Malabarismo, equilibrios imposibles, maxia mental, manipulación de sombreiros, exhibicións de forza e destreza… moita destreza…

 

Video

 

Descargar dossier