Pequeno Formato

Autoestopista Intergaláctico!

Un show de ciencia ficción, de clown e transformismo, con continuas mudanzas de vestiario e personaxes cómicos dotados de poderes propios que desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, que teñen tamén un control total de obxectos malabares e que paralizan ó público con monólogos esmendrellantes.
Benvidos a unha viaxe interestelar polo absurdo. Benvidos ao mundo do … Autoestopista Intergaláctico!
Artista en escena: Aitor Garuz
Técnicas Circenses: Malabares, monociclo, clown, transformismo e humor, moito humor
Duración: 45 minutos
Para tódo los públicos
Video: https://www.youtube.com/watch?v=w5gHeXUYDOs

 

Descargar dossier.

autoestopista

Mánicus

Espectáculo sobre o amor, ese curioso sentimento ou obsesión que nos afecta a todos. Moi especialmente, ó noso protagonista. Os paxaros cantan as flores espertan, o sol loce radiante… e Manicus fracasa. Amor e odio, xenio e estupidez nunha mesma persoa.
Malabares cos recordos, baile de suspiros, paixón descontrolada e poesía da vida. A través da manipulación de obxectos, do paiaso e do circo viviremos unha hora de diversión asegurada para
Artista en escena: Manu Malabaranda
Técnica Teatral: Novo Circo, malabares e humor
Duración: 60 minutos
Para tódolos públicos

 

Descargar dossier.

manicus

Trasno

Podes soñar coa maxia, a emoción e a tenrura que che transmite un espectáculo cheo de diferentes combinacións circenses creadas polo artista Pablo Trasno.
Capaz de facerte sorrir coas súas fazañas cómicas aparentemente improvisadas , capaz de facerte vibrar cos seus malabarismos traballados cunha técnica coidada, capaz de facerte voar cos seus números acrobáticos creados co esforzo dun adestramento físico constante e emocionarte ó remate do espectáculo polo humilde agradecemento sempre presente neste artista co seu público.
Pablo Trasno é un dos maiores referentes do Novo Circo Galego e un dos seus artistas máis completos e aclamados. Con máis de mil funcións nas súas costas e experiencias en escenarios de España, Portugal, Reino Unido, Costa Rica, México, India, Brasil, Australia, Irán, Cuba, Rusa, India, Francia, Bélxica e un longo etcétera.
Técnicas Circenses: Novo Circo, malabares, acrobacias, equilibrios, clown
Artista en escena: Pablo Reboleiro
Duración: 50 minutos
Para tódolos públicos
Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=BVrFO2yNbCg

 

Descargar dossier.

trasno

Manualidades

Ulises, unha personaxe en loita consigo mesma. Ata o máis sinxelo pode ser un problema sen embargo o máis difícil é pan comido para él. Trucos imposibles, obxectos que cobran vida propia, estupidez e xenio nunha mesma persoa.
Manipulación de obxectos malabares e clown. A mellor alternativa á playstation.
Manu Lago é un dos artistas de circo con máis solera en Galicia, malabarista impecable e paiaso mordaz, con especial habilidade para tratar ós nenos e converter ós adultos en cativos.
Intérprete: Manu Lago
Técnicas Circenses: Novo Circo, malabares e clown
Duración: 60 minutos
Para tódolos públicos
Enlace a vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=Zy8tq5Cp8tg

 

manualidades

Nono

Benvidos ao mundo de “Nono”, este inocente clown faravos viaxar pole seu mundo de fantasía, onde intentaravos mostrar os seus mellores trucos de malabares ainda que os problemas acontezan en cada esquina, e o final, rematen sendo resoltos con moito humor.
Poderedes disfrutar de incribles malabares, unha pelexa encarnizada cun mosquito, a aparición do seu inseparable amigo o mono, un combate de boxeo, e moito, moito máis.
Todo isto, nunha combinación de Mimo, Malabares, Manipulación de marionetas, clown e un mundo sen palabras que vos fará rir e saltar dos asentos. Un espectáculo rico e cheo de paixón para tódalas idades
Artista en escena: Arturo “Nono”
Técnica Circense: Clown e malabares
Duración: 40 minutos
Para tódolos públicos
nono

Lila Star

Esta artista branca con alma de negra, criada no seo dunha familia de acróbatas de circo clásico, apaixoada da purpurina e obsesiva pola cor morada; que se confesa adicta ás berenxenas e que forma parte do club de fans de Deep Purple, Violeta Parra e, casi casi, de Pink Floyd (!ay! se puxesen un pouco de blues nese pink … ) leva á escena un especta-culazo con mooooooooitooooo flow, onde os equilibrios imposibles sobre obxectos se fan posibles a ritmo de temazos que non poderás deixar de bailar!!!!
Lila Star Yeah!

Artista en Escena: Beatriz Rubio
Técnicas de Circo: Acrobacia, equilibrio de mans, rola-bola, clown
Duración: 45 minutos
Para tódolos públicos

 

Descargar dossier.

lila

Jano Sen Medidas

Xogar coma un neno atrapado nos medos dun adulto.
Mesturar a destreza dos malabares, a forza das acrobacias e o desenfrenado inxenio coa participación do público.
Celebrar un gol, saltar á corda, percorrer unha distancia sobre as mans, soñar vendo as estrelas, imitar un bailer ridículo, argallar unha broma ou crer na maxia.
Humor orixinal, participativo e arriscadamente divertido.

Intérprete: Jano Costas
Técnicas Circenses: Clown
Duración: Show completo 50 minutos (tamén se fan bloques de 10 minutos)
Para tódolos públicos

 

Descargar dossier.

 

 

13555490_10210207641406313_1186378471_o

Fredi “Circanelo”

O teatro xestual, danza, acrobacia, malabares e outras disciplinas circenses como o mimo, combínanse para crear unha historia absurda coa intención de presentar o seu número a toda costa; e demostrar ao seu amado público do que é capaz.
Neste desesperado intento, este personaxe de múltiples recursos atoparase cunha serie de impedimentos que irá solucionando dun xeito un tanto particular, axudado, en ocasións, pola participación do público.
Todo isto presentado con moito humor e buscando, en todo caso, a sorpresa e a relación coa audiencia.
Intérprete: Alfredo Pérez Muiño
Técnicas: Teatro Xestual. Mimo-Clown
Duración: 45 minutos
Para tódolos públicos
Enlace vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=C-Q7afkDwRg

fredi

Antúan de la Cream

Este paiaso pasará por varias emocións ao longo do seu espectáculo, desde a serenidade absoluta ata o máis puro nerviosismo. Iso si, case nunca, repito, case nunca … perde o control. A naturalidade do personaxe fai que conecte rápidamente co espectador e como bo amante da improvisación encántalle verse en problemas, conseguindo facer destes os momentos triunfantes da velada.
Intérprete: Antonio Delgado Pérez
Técnicas Circenses: Clown e malabares
Duración: 50 minutos
Para tódolos públicos
Enlace a vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=ibfewUoT59M

antuan

Out of the Blu. Fra Martó.

A protagonista colga a colada na praza pública de cada vila que visita e coa súa lavadora portátil crea confusión na tranquila vida dos habitantes.
Este show baséase sobre unha innovadora forma de espectáculo de rúa, onde a manipulación de obxectos, clown e malabares son as bases para a comunicación narrativa.
Os espectadoares están directamente implicados en todo o espectáculo.

Interpréte: Francesca Martó
Técnicas Circenses: Malabares e Clown
Duración: 35 minutos
Para tódolos púiblicos

Vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=YPnOuhduJPY

Descargar dossier.

blue