Medio e Gran Formato

aviadoras

aviadoras

Un accidente aéreo, coordenadas descoñecidas, dúas pioneiras da aviación perdidas nun lugar remoto.
Unhas mulleres intrépidas, adiantadas a súa época veranse na obriga de colaborar e descubrir que teñen algo en común: o soño de voar.
¿Conseguirán sair vivas desta aventura?
Espectáculo infantil da compañía Duelirium cunha duración de 45 minutos.

Intérpretes: Raquela Oitavén e Mertxe Solé

Técnicas: Circo-Aéreos

Duración: 45 minutos

Para tódolos públicos

 

Video

 

Descargar dossier

Aviadoras

LES ARTUÁNS

LES ARTUÁNS

Dos creadores de “Antuan de la Cream” e “Arturo Nono”. Agora unidos nun mesmo show. Nace “Les Artuans”.

Un espectáculo de maxia cómica. Onde o cómico vese …. e, a Maxia, tamén.

Un show para tódolos publicos no que se mestura clown, mimo, o absurdo, risas, máis clown, moitos máis risos e tamén un pouco de maxia.
Les Artuáns, clown e maxia unidos sobre o escenario para non parar de rir.

Intérpretes: Arturo Cobas e Antonio Delgado
Técnica: Maxia absurda e Humor. Teatro
Duración: 45 minutos
Para tódolos públicos

les artuans foto

TOTUM REVOLUTOM

TOTUM REVOLUTOM

A máis surrealista das creacións da Cia. Vueltos de Rosca. Unha mestura explosiva de danza, equilibrio de mans, clown e acrobacia de dúo.
Totum Revolutum é unha disparatada viaxe a traves de diferentes modalidades do circo: dende o clásico ata o contemporáneo, pasando polos rexistros máis de rúa e participativos.
Todo comeza coma un show máis de rúa … pero uns problemas técnicos obrigarán ás nosas personaxes a desenvolverse noutros rexistros, dando lugar a unha mostra única e orixinal de novo circo.
Intérpretes: Bea Sin Triz e Andrés Vázquez-Prada
Técnicas: Circo-Acróbatas
Duración: 45 minutos
Para tódolos públicos

 

Video

 

Descargar dossier

Vueltos 2