Medio e Gran Formato

ALMA (non é hippie)

ALMA (non é hippie)

Colectivo Verticalia

Cia. Duelirium + cia. trasPediante

Sinopse: Catro mulleres crean na escena unha linguaxe segreda na que resgardar o misterioso silenzo que anima ó corazón da existencia. Unha linguaxe que resiste no que aínda non se pode nomear. A simple imaxe dunha corda de danza vertical que colga do ceo dun teatro evoca aquelo que nos sostén entre a vida e a morte. ALMA pregúntase que é o que pode ser danzado hoxe na escena, como interrumpir as danzas que emerxen do virtuosismo especializado e da produción selfie e espectacular.

Dirección e Dramaturxia: Rolando San Martín

Interpretación e Creación: Marta Alonso, Raquel Oitavén, Paula Quintas, Mercé Solé.

Producción e Distribución: Belém Brandido/Pistacatro Productora de Soños S.L.

Iluminación: Fidel Vázquez

Vestiario: Fany Bello

Músicas: Nefasto (Judas Diz)

Axudantía de Dirección: Maria José Santiago Garde

Voz en Off: Fernanda Orazzi

Fotografia: Rubén Vilanova

Vídeo: Tamboura Films

Colaboran: Agadic · Xunta de Galicia, L´Estruch Fàbrica de Creació (Sabadell-Cataluña), Concello de Negreira, Circonove

A L M A non cre na reencarnación, pensa que non fai falta ser tan Hippie. 


A L M A di que sen os demáis, sen o outro, calquera deixaría de existir.


A L M A non se cre espiritual, senon que se sinte así porque inspira e expira, inspira e expira.


A L M A di que a A L M A non é unha realidade sensible e, por tanto, non pode ser estudiada pola ciencia. Teno claro.

A L M A sabe que a danza é abstracta, por iso, sempre que hai un oco entre movemento e movemento se mete dentro, baila sen control, deixa sair a loucura, exponse sen medo á mirada de todos. Di que se non se fai así se perderá para sempre o lume que habitan as cousas.

A L M A é un proxecto de Danza e Voo vertical que comenza a súa investigación adentrándose na poética que se pode xenerar ao estudar e comprender a fisicalidade dun obxecto aparentemente moi sinxelo: Unha corda que colga do ceo dun teatro.

 

Video

 

Descargar dossier

4 SEGUNDOS

4 SEGUNDOS

Compania IO
Estreado en 2019
Premio Fetega mellor espectáculo de rúa 2019 na mostra do Carballiño

4 Segundos foi o tempo que tardaron eses ferros en caer sobre o meu corpo. Uns segundos que se convertiron en minutos. Uns segundos, que neste caso, sacaron o mellor e máis puro de min. O medo desapareceu e o instinto presentoume o meu outro “eu”, un corpo áxil e resolutivo.
Esta peza fala de accidentes, de risco, de vida e de autocoñecemento.
4 Segundos lémbranos o animal que todos levamos dentro, ese animal que en ocasións pode chegar a salvarnos a vida.
Espectáculo de circo contemporáneo. Verticais, equilibrios e corda mesturados coa danza e o movemento e acompañados en directo por un dj que está integrado na escena.

 

Web

 

Trailer Versión Rúa
Trailer Versión Sala

 

Descargar dossier

OhOlimpiadas!

OhOlimpiadas!

Premio Fetén Mellor Espectáculo de Rúa 2019

Nome da compañía: Cia. Las Sincro
Nome do espectáculo: OhOlimpiadas!
Duración: 50 minutos
Público ó que vai dirixido: Para todos los públicos
Procedencia: Galicia

Sinopse: ¿Qué pasaria se a nosa vida fose retransmitida coma o Tour de Francia ou coma os saltos sincronizados…? ¿E se nos comportásemos como cert@s deportistas nas nosas rutinas diarias? Este espectáculo baséase na cotidianidade da vida retransmitida coma un deporte en directo para xerar un mundo rexido polo absurdo, onde o xesto deportivo e o mundo real mestúranse nunha quimera de disparate continuo. Estas situacións cobran vida grazas á combinación de técnicas como a danza e os portés acrobáticos.
E, por suposto, todo regado por unah boa dose de humor que da soporte a este universo de disparate que construimos para o deleite de Tódolos Publicos
 

Web

 

Video

 

Descargar dossier

Up2down

Up2down

Dúas bailarinas e dous cables de funambulismo dirixidas por un paiaso.

“Up2Down” é un espectáculo de danza-circo contemporáneo no que o humor e a danza interactúan cunha disciplina circense nova en Galicia: o funambulismo

As bailarinas Marta Alonso & Paula Quintas interpretan a dúas personaxes definidas polo seu estatus antagónico: O alto e o baixo; A FUNAMBULISTA -etérea e ideal-, e A PAIASA -terrenal e mundana- . Xunto a elas, o público percorrerá unha viaxe emocional a través dos seus desexos e aspiracións ata acadar un punto de encontro: o equilibrio.

Intérpretes: Marta Alonso & Paula Quintas.

Disciplinas: Circo (Funambulismo)- Danza

Duración: 55 minutos Sala-45 minutos rúa

Público Familiar

 

Trailer Versión Rúa

Trailer Versión Sala

 

Descargar dossier

autoestopista

Welcome

Welcome

Un canto á idea do fogar, onde nos atopamos libres, relaxad@s e a salvo.
¿Qué pasa cando dúas amigas non se ven dende fai tempo?¿Qué se traen entre elas?
Intencións e emocións ocultas expostas á ollada da xente, qué pasa arredor desta casa sen paredes. Risos, arrumacos, lios e anécdotas pasan nesta casa, bastante moderna, duns 12 metros cadrados.

Intérpretes: Raquela Oitavén e Mertxe Solé
Técnicas: Circo (mástil chinés)
Duración: 40 minutos
Espectáculo para tódolos públicos

 

Trailer Versión Rúa

 

Welcome

SIN MIEDO

SIN MIEDO

Nome da compañía: Maintomano
Nome do espectáculo: Sen Medo
Duración: 55 minutos
Público ó que vai dirixido: Para tódolos públicos
Procedencia: Ponferrada-Francia

Espectáculo para facer en rúa e en teatros
Estrea en Galicia

Sinopse:
A escada; aquelo que usamos para poder acceder a algo doutro modo inalcanzable. Subir peldaños, acender é avanzar cara o obxectivo pero tambén conleva unha vertixe que fainos dubidar no ascenso…con frecuencia grazas a otra persona podemos apoiarnos para subir e tambén de igual xeito podemos caer … So imaxina o precioso que pode ser arriscarse e que todo saia ben.

A sombra do medo soe ser o control e a parálise, unha traba no camiño pero superar un Medo é unha oportunidade de crecer e de xerar novas fermentar para vivir….

Atención! Cuidado cos medos, eles gostan de roubar soños.
 

Trailer Versión Rúa
Trailer Versión Sala

 

Descargar dossier

Contiguo

Contiguo

Contiguo nace de poñer un ser humano xunto a outro. É o lugar onde un acaba e outro comeza. Contiguo é a poesía do corpo e os propios límites. O risco de darse a coñecer e sobrepasar o medo a perderte nalguén. Reinventarse unha e outra vez a través dos demáis. O destino únenos, a historia a escribimos nós.

Un espectáculo sensitivo, poético e dinámico. Unha investigación da linguaxe espacial e corporal que crea un universo único para expresarse, resultado da busca no circo coma linguaxe en sí misma. Os artistas non sólo utilizan a técnica para expresar, senón tamén un eu íntimo que aflora a través dela.

Intérpretes: Álvaro Reboredo e Álvaro Pérez

Técnicas: Espectáculo de Circo. Corda, acrobacias e Roda Cyr

Duración: 50 minutos en sala 40 minutos en rúa

Para tódolos públicos

 

Video

 

Descargar dossier

Contiguo 1

EKILIBUÁ

EKILIBUÁ

Dúas personaxes e o seu pequeno rebaño rodante … A xogar!

Xogos de construcción de plataformas diferentes, xogamos a ver quén sube máis alto, ata que non se poida máis… xogo arriscado! Sempre xogando a ver quén leva as rendas pero sobre todo, sempre xogando man a man.

Ekilibuá é un espectáculo para tódolos públicos, que fusiona a teatralidade cos portés acrobáticos, o lanzamento de coitelos, os equilibrios, a manipulación de obxectos e moita complicidade.

Premio “Estación Norte” ó mellor espectáculo, Festival Internacional Teatro de calle Valladolid 2016.

Premio “Mejor Premio de calle” Feria de ciudad Rodrigo 2014.

Intérpretes: Marcos Rivas e Morgane Jaudou
Técnicas: Circo-Man a Man (Portés acróbaticos), manipulación de obxectos, lanzamento de coitelos e equilibrios
Duración: 50 minutos
Para tódolos públicos

 

Video

 

Descargar dossier

O QUE QUEDA POR CHOVER

O QUE QUEDA POR CHOVER

O espectáculo fala do paso do tempo de dúas mulleres. A infancia, a adolescencia, a madurez, son puntos polos que transcorre esta simpática e positiva historia. Espectáculo dinámico e visual.
Trapecio, pirámide, corda, acrobalance, clown, como técnicas circenses.
Intérpretes: Raquela Oitavén e Mertxe Solé
Técnicas: Circo-aéreos
Duración: 45 minutos
Espectáculo para tódolos públicos

 

Video

oche

aviadoras

aviadoras

Un accidente aéreo, coordenadas descoñecidas, dúas pioneiras da aviación perdidas nun lugar remoto.
Unhas mulleres intrépidas, adiantadas a súa época veranse na obriga de colaborar e descubrir que teñen algo en común: o soño de voar.
¿Conseguirán sair vivas desta aventura?
Espectáculo infantil da compañía Duelirium cunha duración de 45 minutos.

Intérpretes: Raquela Oitavén e Mertxe Solé

Técnicas: Circo-Aéreos

Duración: 45 minutos

Para tódolos públicos

 

Video

 

Descargar dossier

Aviadoras