Arnoia Arnoia: O Circo da Casa Pequena

Estrea 11 de outubro 2018 Coproducción de Teatro-Circo co CDG baixo a direción de Quico Cadaval

Pistacatro prepárase, en coproducción co Centro Dramático Galego (CDG), para o que será o seu novo proxecto Arnoia Arnoia: o Circo da Casa Pequena. Un espectáculo de teatro-circo que dirixirá Quico Cadaval e que está baseado na peza de Arnoia Arnoia de Méndez Ferrín e no imaxinario do autor. Non se trata aquí de facer un espectáculo de Circo cunha leve desculpa argumental, senón unha peza teatral, de aventuras e prodixios, nas que se usarán os recursos circenses para resolver os problemas escénicos e narrativos que nos inspire a idea motriz. Para Pistacatro este novo proxecto supón unha aposta por hibridar teatro e circo ampliando os horizontes das e dos artistas cos que colaboramos e complementa as accións que a compañia ven desenvolvendo dende hai tempo cara un encontro entre o circo e as distintas artes escénicas.