A Vida Tola

Un espectáculo de Natalia “Pajarito”.

O peculiar universo desta muller-nena que anda solta polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de risas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeúntes que paran a ver as tolerías que lles ofrece esta gran pallasa.

Pajarito é a número un, e a número dous tamén….é patrimonio da humanidade, a oitava marabilla do mundo!!! Con dous voluntarios, moitos xogos e un fermoso número de escapismo percorreremos en aproximadamente 45 min o proceso de liberación das súas ataduras, onde a pequena “pajarito” remata libre coma o vento e con moitas ganas de…”coñecer mundo”.

Final con lúa de mel, Felipe “eres tú mi príncipe azul que yo soñé…”, con acrobacias, voda e moita máis diversión. A frescura desta pallasa fai que cada función, cada praza, cada príncipe sexa irrepetible.

Artista en escena: Natalia Outeiro “Pajarito”

Técnicas de Circo: Clown, escapismo

Duración: 45 minutos

Para tódolos públicos